Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O folc drama en Galicia (II). A propósito do Movemento Dramático Angloirlandés e do Movemento Dramático Nacional: traducións e proxectos literarios na formulación dun teatro nacional

Manuel F. Vieites

  • O teatro e a literatura dramática desempeñaron un rol importante no proceso de construción nacional que ten lugar en Galicia desde inicios do século XIX ata 1936. Non obstante, houbo voces que defenderon a posibilidade e a necesidade de promover unha literatura e un teatro nacionais, considerados como campos artísticos autónomos e non como simples instrumentos ou recursos no desenvolvemento dun proxecto político. Para potenciar o seu propio modelo de creación dramática algúns intelectuais nacionalistas como Antón Villar Ponte pensaron que o folc drama angloirlandés podía ser o paradigma máis axeitado. Neste traballo ofrecemos unha panorámica xeral da empresa, e nesta segunda parte describimos o desenvolvemento dese proceso de apropiación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus