Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Imaxes e representacións do outro: a literatura galega cara ás linguas do Estado español

Ana Luna Alonso

  • O traslado dunha lingua a outra supón elementos que van máis alá das linguas implicadas. A recuperación de autores e textos nun sistema deficitario como o galego débese ao grao de lexitimización e artellamento dunha memoria colectiva, na que a literatura é fundamental.

    A traducción entre linguas minoritarias nun mesmo Estado é a demostración de que se está a reivindicar a diferenza a través da diferenza, e o volume de tradución que se produza entre as mesmas indica o status da lingua no plano institucional e social. Se conseguimos describir a situación da lingua e da traducción, poderemos establecer criterios que nos permitan anticipar as súas necesidades.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus