Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Vozes da alteridade na literatura contemporânea de recepçao infantil e juvenil

Fernando José Fraga de Azevedo

  • Partinda da dilucidación da categoría ontolóxico-filosófica do Outro, Fernando Fraga de Azevedo rastrexa algunhas marcas da sua presenza no literatura contemporáneo de recepción infantil e xuvenil, intentando poñer de manifesto os seus diferentes modos de manifestación. O repaso iniciase coa análise dos contos tradicionais, onde o Outro gaña visibilidade e supera a súa condición de ser marxinal grazas ao seu proprio esforzo, e transcorre por títulos de autores portugseses ou traducidos ao portugués como O homem que tinha uma árvore no cabeça, de José Jorge Letria; O veado florido, de António Torrado; O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá: Uma História de Amor de Jorge Amado ou História de uma Gaivota e do Gato que o Ensinou o Voar de Luís Sepúlveda, entre outras, aludindo en cada caso ás estratexias que se empregan nestes textos á hora de abordar a cuestión da alteridade. Ademais, contextualiza o papel da literatura Infantil e Xuvenil no ámbito dun proxecto educativo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus