Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Notas para o estudio das relacións galego-portuguesas na producción da olería e cerámica

Luciano García Alén

  • En épocas pasadas a olería da área sur e occidental de Galicia mantivo un forte contacto coa olería portuguesa, esencialmente da comarca de Prado / Barcelos. Algún galego foi a Portugal a traballar com artesáns da olería e despois volveu para establecerse en Galicia. Pola súa parte, o paso dos oleiros portugueses a Galicia foi evidente durante os dous últimos séculos, circunstancia que parece ter sido habitual, e seguiu sendo frecuente polo primeiro tercio deste século. E pasaba a olería dunha a outra parte. O que fai considerar con certeza, que o Miño, como fronteira, ou a "raia seca" nunca foron obstáculo para o paso frecuente de xentes e mercancías dunha a outra banda.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus