Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A muller na lírica galego-portuguesa: análise das súas denominacións

Esther Corral Díaz

  • A tese céntrase no estudio da muller no ámbito da lírica qalego-portuguesa, tomando como corpus tanto as cantigas profanas, como as religiosas, e examinando especificamente as diferentes denominacións que se atopan nos cancioneiros. Para iso, estructurase o traballo desenvolvido nuhna introducción e oito capítulos nos que estudíanse as denominacións máis xerais coas que os trobadores designaban ás mulleres por eles cantadas, as diferentes designacións rexistradas a través dos diferentes campos sémicos e que tratan os termos relacionados coa "idade", "as relacións de parentesco, co "estado civil", co "status social", coa descrición física, co amor, coa "virtude". Por último, analízanse as metáforas e comparacións que se documentan nos poemas.

    Hai que suliñar os fortes contrastes que se manifestan entre a obra lírica profana e a relixiosa no tratamento da muller, e, dentro da profana as diferencias que se reflecten entre os xéneros amorosos e a obra de escarnio.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus