Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Variables motivacionais, autoeficacia e enfoques de aprendizaxe en relación co rendemento académico do alumnado de bacharelato

Indalecio Ramudo Andión

  • A motivación foi adquirindo cada vez máis importancia no ámbito educativo como variable influente na aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento académico. Mediante este estudo pretendíase analizar, por unha banda, o tipo de variables motivacionais, autoeficacia e enfoques de aprendizaxe adoptados maioritariamente polo alumnado de bacharelato, e pola outra, indagar en qué medida as variables motivacionais e autoeficacia influían sobre o seu rendemento, directamente ou, tomando como referencia o modelo 3P de Biggs, a través dos enfoques de aprendizaxe; estudando esta relación diferencialmente por sexo e especialidade. Para a realización desta investigación contouse cunha mostra composta por 1.505 alumnos/as de bacharelato das catro provincias galegas, a cal procuramos que fose o máis representativa posible da poboación galega desta etapa educativa, en canto á súa distribución por sexos, especialidades e provincias. Logo das análises estatísticas realizadas, descubriuse que este alumnado adoptaba variables motivacionais máis relacionadas co enfoque de orientación superficial e co rendemento positivo que co enfoque de orientación ó significado e con aprendizaxes de calidade. Isto manifestábase dunha maneira máis clara, respecto ó sexo, nos homes fronte ás mulleres, e respecto ás especialidades, nas de ámbito humanístico fronte ás científico-tecnolóxicas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus