Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O programa dos grupos departamentais de calidade na UDC dende a perspectiva do alumnado: unha experiencia para a converxencia con Europa na educación superior

María del Carmen Santos González

  • Esta tese doutoral enmárcase dentro da temática do EEES. Os acordos e medidas emprendidas ao respeto polos distintos países, implican unha serie de cambios e transformación na Educación Superior que abarca todos os aspectos relacionados, tanto coas institucións educativas como ás do propio proceso de ensinanza-aprendizaxe.

    O noso interese céntrase nas implicacións da implantación do ECTS e as súas repercusións no alumnado.

    A investigación que desenvolvemos, contextualízase na experiencia piloto, neste caso na Universidade da Coruña, desenvolta a través do programa denominado Grupos Departamentais de Calidade, así como nos títulos de Grao implantados no curso 2008/2009.

    A través da opinión do alumnado, cunha mostra representada por 2.554 alumnos/as, analizamos os distintos aspectos implicados no proceso de ensinanza/aprendizaxe co novo sistema de créditos dende: a dedicación a realizar o seu traballo autónomo e as distintas actividades relacionadas directamente coas metodoloxías propias deste novo sistema; os recursos, tanto tradicionais como as TICs; a titoría; o desenvolvemento de competencias.

    Comparamos ademais a información do alumnado que cursa materias integradas no programa coa información que proporciona o alumnado que cursa os Graos, nos cales a implantación do ECTS xa é real.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus