Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Compostos metalosupramoleculares funcionais con interese biolóxico

María Isabel Velo Heleno

  • Esta tese presenta avances significativos no desenvolvemento de compostos metalosupramoleculares baseados en bistiosemicarbazonas e bishidrazonas con aplicacións como catalizadores biomiméticos de enzimas ou axentes de unión ao ADN.

    A síntese electroquímica permitiu a estabilización de complexos dinucleares neutros de cobre(II), ferro(III), manganeso(II), zinc(II) e níquel(II) con diferentes arquitecturas. Examinouse a actividade dos compostos de cobre como modelos dos enzimas catalase, peroxidase e catecol oxidase. Ademais, analizouse a interacción de complexos de ferro e de manganeso co ADN. Estudouse tamén en profundidade o papel catalítico do ión Ni(II) na formación de novas especies durante os procesos de cristalización.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus