Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sobre as formas de tratamento no sur de galicia e no norte de Portugal: unha visión sociolingüística e contrastiva

  • Autores: Begoña Uruburu Rodríguez
  • Directores de la Tesis: José María García-Miguel Gallego (dir. tes.), María Carmen Sampedro Mella (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2023
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Rosario Álvarez Blanco (presid.), Víctor Lara Bermejo (secret.), Aline Maria França Bazenga (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Estudios Lingüísticos por la Universidad de A Coruña y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • Esta tese de doutoramento ten como obxectivo realizar un estudo comparativo entre os usos das formas de tratamento no sur de Galicia e no norte de Portugal. Trátase de describir os usos de ditas formas en diferentes ámbitos no galego do sur de Galicia e no portugués do norte de Portugal, observando posibles cambios nos últimos anos. Ademais, preténdese examinar a influencia de diferentes variables sociolingüísticas nos usos dos tratamentos por parte dos falantes das dúas zonas analizadas, e coñecer algunhas crenzas sociolingüísticas que os informantes teñen ao respecto. Para iso, utilizouse unha metodoloxía cuantitativa e cualitativa mediante a realización de entrevistas orais gravadas e enquisas escritas. O presente traballo divídese nos seguintes sete capítulos: No Capítulo 1 preséntase o estado da cuestión sobre as formas de tratamento do galego e do portugués europeo, e o marco teórico. Ao Capítulo 2 corresponden os aspectos metodolóxicos. No Capítulo 3 descríbense cuantitativa e cualitativamente, e de xeito comparativo, os resultados rexistrados en diferentes ámbitos nas entrevistadas realizadas no sur de Galicia e no norte de Portugal. No Capítulo 4 analízase cuantitativamente a influencia das variables sociolingüísticas sexo, idade, nivel sociocultural e cidades vs. vilas nos usos das formas de tratamento por parte dos informantes galegos e portugueses. O Capítulo 5 analiza cuantitativamente os resultados dunha serie de enquisas escritas realizadas no norte de Portugal sobre os usos do pronome `você explícito. No Capítulo 6 revísanse algunhas crenzas dos falantes entrevistados sobre diversos aspectos relacionados cos usos das formas de tratamento. Y, finalmente, no Capítulo 7 recóllense as conclusións e propóñense futuras liñas de investigación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno