Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Benestar animal nas granxas de vacún da provincia de Lugo e as súas implicacións na produción

  • Autores: Sonia Verdes Gil
  • Directores de la Tesis: Luis Angel Quintela Arias (dir. tes.), Pedro J. García Herradón (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2023
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Lydia Gil Huerta (presid.), Rodrigo Muiño Otero (secret.), Juan Manuel Caínzos Cagiao (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Medicina y Sanidad Veterinaria por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O sector leiteiro é un importante motor da economía rural galega e, especialmente, na provincia de Lugo. Neste momento, os gandeiros están obrigados a ser eficientes e competitivos e o benestar animal inflúe na produtividade condicionando ambos os dous aspectos. O obxectivo do estudo foi avaliar o benestar animal e o seu impacto na produción e na reprodución nas granxas de vacas leiteiras na provincia de Lugo, identificando as súas fortalezas e debilidades para establecer pautas de mellora para incrementar a rendibilidade das explotacións. A tal fin, avaliáronse 187 granxas leiteiras da provincia de Lugo e recompiláronse datos relacionados coa condición física e o comportamento dos animais, e datos relacionados co sistema produtivo, as instalacións e o seu mantemento. A conclusión é que a maioría das granxas avaliadas teñen un bo manexo dos animais e bo mantemento das instalacións, aínda que amosan certas deficiencias de deseño. As granxas que presentaron maiores deficiencias tamén tiveron peores puntuacións de hixiene, unha menor taxa de detección de celo e unha produción de leite inferior. A prevalencia de coxeiras foi moi elevada, sendo os principais factores de risco a existencia de pisos esvaradíos, unha distancia de retirada inferior a 75 cm e a presenza de lesións nos pezuños.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno