Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeo: utilidade forense dos criterios da análise de contido
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/30898
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeo: utilidade forense dos criterios da análise de contido |
Autor/a: | Sanmarco Vázquez, Jéssica |
Dirección/Titoría: | Novo Pérez, Mercedes Arce Fernández, Ramón |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario |
Palabras chave: | Avaliación da credibilidade | Análise de contido | SEG | Vídeo | Testemuña visual | |
Data: | 2023 |
Resumo: | A avaliación da credibilidade das declaracións é unha das probas determinantes dentro dos procesos xudiciais en delitos da esfera privada. Por iso é imprescindible contar con métodos e procedementos obxectivos, fiables e válidos, que permitan realizar un informe de avaliación psicolóxico forense que axude o sistema de xustiza na súa labor. Unha das técnicas coas que contamos é o análise de contido, existindo diferentes ferramentas amplamente empregadas, coma o CBCA ou o SEG. Do mesmo xeito, é clave para o proceso de avaliación realizar unha boa obtención da declaración, e para iso contamos coa entrevista cognitiva como técnica máis empregada e válida. Por último, cómpre ser capaz de discernir os relatos baseados en memorias de feitos experimentados dos que non o son, e concretamente, das memorias de feitos visionados polas testemuñas dos delitos. O obxectivo da presente tese de doutoramento é estudar se as ferramentas de análise de contido son capaces de discriminar entre memorias de feitos experimentados e memorias de feitos visionados. Para iso leváronse a cabo 3 estudos, un estudo meta-analítico, un estudo da calidade da información recordada e un estudo de medidas repetidas. Dos resultados xerais obtidos conclúese que existen poucos estudos experimentais que analicen e comparen os dous tipos de memoria, que da información recordada sobre un evento visionado se cometen máis erros de omisión que de comisión e que acertos, e por último o SEG ten capacidade discriminativa para distinguir entre a memoria dun feito experimentado e a memoria dun feito visionado. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/30898 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: