A transformación da agricultura galega no camiño cara a especialización leiteira: ruptura coa innovación labrega, industria láctea e modernización (1900-1980)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/29347
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A transformación da agricultura galega no camiño cara a especialización leiteira: ruptura coa innovación labrega, industria láctea e modernización (1900-1980) |
Autor/a: | Otero Rodríguez, Telmo |
Dirección/Titoría: | Fernández Prieto, Lourenzo |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea |
Palabras chave: | Agricultura galega | gandaría láctea | séctor lácteo | especialización leiteira | industria láctea | modernización agraria | innovación labrega | |
Data: | 2022 |
Resumo: | A gandería de leite e o sector lácteo constitúen, a día de hoxe, un dos principais piares produtivos do agro galego e da economía de Galicia. Habitualmente vense entendendo isto coma o resultado dun proceso de especialización láctea sucedido no marco da modernización das agriculturas impulsada polo Estado a partir dos anos 60. Sen embargo, antes disto, xa se viñan dando transformacións agrogandeiras en relación coa produción e comercialización do leite, xurdidas dende as propias agriculturas campesiñas dende principios do S.XX. O noso obxectivo así é rastrexar estas mostras de innovación labrega que xa viñan sucedendo dende principios de século, cando o leite comeza a aumentar a súa presencia na alimentación da sociedade, para despois analizar a posta en marcha dun modelo de agro-gandeiro intensivo baseado na produción láctea e o que supuxo con respecto á dinámica previa e ó agro galego en xeral. Desta maneira, poñemos en perspectiva a modernización agraria impulsada polo Estado á medida das súas necesidades e das da industria láctea dende os anos 60, para demostrar que xa previamente se daban procesos de innovación xurdidos das propias agriculturas campesiñas á medida das súas necesidades. Unha cuestión que ten moita relevancia cando na actualidade nos preguntamos sobre modelos e fórmulas de agricultura sostible e que podemos responder estudiando o papel do leite nas transformacións agrarias sucedidas na nosa rexión durante o S.XX. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/29347 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: