Unha vella sociedade rural do interior coruñés: a comarca de Ordes entre o Antigo e o Novo Réxime (séculos XVIII-XIX)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/29312
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Unha vella sociedade rural do interior coruñés: a comarca de Ordes entre o Antigo e o Novo Réxime (séculos XVIII-XIX) |
Autor/a: | Sandoval Verea, Francisco Manuel |
Dirección/Titoría: | Rey Castelao, Ofelia |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte |
Palabras chave: | Historia Rural | Historia Local | Demografía histórica | Historia de la Educación | Historia de la Familia | Rede viaria | Feiras | Organización do territorio | |
Data: | 2022 |
Resumo: | Durante o Antigo Réxime e primeiras décadas do Novo Réxime Liberal, Galicia amosa un panorama de ampla diversidade socioeconómica. Neste contexto, a comarca de Ordes preséntase como unha terra de transición entre as zonas economicamente máis desenvolvidas do litoral, dos vales prelitorais e das zonas vitícolas do interior, e as áreas máis atrasadas do interior de Lugo e Ourense. A súa climatoloxía pouco benigna limitou a variedade de cultivos dándolle especial relevancia á gandería. A estrutura demográfica aparece como pouco evolucionada e a poboación presentaba baixas densidades cun poboamento e un hábitat rural de dispersión extrema. En ausencia de núcleos de poboación concentrada, a articulación do territorio recaía nas feiras e na rede viaria. A aproximación á organización socioeconómica e ao réxime de propiedade da terra descobre unha sociedade na que a os efectivos dos estamentos privilexiados eran moi reducidos e na que as diferenzas de riqueza dentro do campesiñado eran máis acusadas que noutras zonas de Galicia. Isto reflectíase no predominio de contratos agrarios pouco favorables para o campesiñado, como o arrendo e a parzaría, con limitada presenza do foro. A polarización económica vese reflectida tanto na tipoloxía das familias como no elevado peso do servizo doméstico. Tamén parece ser a causa dos baixos índices de alfabetización, así como da precaria rede escolar que impedía o acceso da maior parte da poboación á aprendizaxe da lectura e da escritura. |
Data de Embargo: | 2023-07-01 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/29312 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: