O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/28321
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo |
Autor/a: | Santiago Gómez, Carmen de |
Dirección/Titoría: | Lorenzo Gradín, Pilar |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Estudos Medievais |
Palabras chave: | Lírica galego-portuguesa | crítica textual | Johan Soarez Somesso | trobador | |
Data: | 2022 |
Resumo: | A tese de doutoramento que aquí se presenta ten como obxectivo principal a edición crítica da produción lírica de Johan Soares Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a crítica textual neolachmaniana. O testemuños manuscritos, neste caso o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo do citado corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda, Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa poesía, que ofrece importantes trazos innovadores, non mereceu aínda un estudo exhaustivo. A edición do corpus textual do autor acompáñase da análisis das características poéticas e formais que perfilan a súa produción. Así mesmo, o estudo examina en detalle a documentación histórica que permite a identificación e a ancoraxe do período de actividade literaria do trobador, así como o exame da transmisión manuscrita do seu "cancioneiro". Como material complementario, a Tese contén a transcrición paleográfica e as imaxes dos códices que transmiten os textos do autor, ademais dun rimario e dun glosario dos poemas. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/28321 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: