Sistemática, filoxenia e bioxeografía do xénero Santolina (Compositae)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/28052
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Sistemática, filoxenia e bioxeografía do xénero Santolina (Compositae) |
Autor/a: | Carballal Vilaverde, Rodrigo |
Dirección/Titoría: | Ortiz Núñez, Santiago |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural |
Palabras chave: | Santolina | filoxenia | bioxeografía | botánica | morfoloxía | |
Data: | 2022 |
Resumo: | O obxectivo desta tese doutoral é estudar a variabilidade morfolóxica, a taxonomía e a historia evolutiva do xénero Santolina L. (Anthemideae, Compositae), un xénero distribuído polo oeste do Mediterráneo. No traballo realízase un estudo das relacións filoxenéticas entre os taxones incluídos no xénero, e as súas relacións cos restantes xéneros da subtribo Santolininae (Anthemideae, Compositae) foron inferidas con métodos Bayesianos e de Parsimonia, a partir de secuencias dos espaciadores do ADN nuclear ribosómico, ETS (External Transcribed Spacers) e ITS (Internal Transcribed Spacers) e catro rexións non codificantes do ADN cloroplástico. Os resultados mostran que Santolina é monofilético e que a introgresión, e a aloploidización son forzas evolutivas importantes no xénero. Os resultados da análise bioxeográfica sitúan a orixe do xénero hai 9 Ma, na era Tortoniense do Mioceno, ligado ao proceso de aridificación e desecación polo peche dos estreitos bético e rifeño. A crise mesiniense e a reapertura da comunicación a través do estreito de Xibraltar, explican a diversificación dos grandes grupos do xénero e se revelan varios procesos de vicarianza. Inclúense como resultado cinco novas combinacións no xénero e o recoñecemento da singularidade de S. ascensionis e de S. villosa respecto a S. decumbens. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/28052 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Área de Ciencias [953]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: