Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A construción das bases da presenza dunha figura comunicativa a partir do adestramento actoral

Ana Abad de Larriva

  • O presente traballo analiza cales son os elementos que inciden na presenza humana e como se constrúe unha figura comunicativa. Tomando como referencia as artes escénicas e a preparación actoral, onde dende o século XX se produciu un gran traballo teórico e práctico nesta liña, recóllense áreas e ferramentas de traballo que van dirixidas ao deseño dun adestramento básico arredor da presenza e da mellora das habilidades expresivas e comunicativas da persoa, considerando tamén as necesidades específicas de diferentes perfís comunicativos profesionais. Na súa elaboración buscouse que sirva tamén para propoñer a futura creación dunha materia de adestramento corporal e vocal nos estudos superiores en Comunicación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus