Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A mistica da feminidade en Mad Men

  • Autores: José Antonio Cascudo Rodríguez
  • Directores de la Tesis: Antía María López Gómez (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2021
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Begoña Gutiérrez San Miguel (presid.), Laura María Lojo Rodríguez (secret.), Luísa Magalhães (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Filosofía por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficción televisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves da denominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década dos sesenta do pasado século, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión como algún dos seus trazos definitorios. Betty Draper, un dos personaxes principais de Mad Men, representa o paradigma da mística da feminidade, xa que amosa todos os síntomas propios das mulleres de clase media da súa época, consagradas aos labores domésticos a pesar de teren conquerido os seus dereitos políticos e civís con anterioridade á Segunda Guerra Mundial. Do mesmo xeito abórdase o estigma que supón o concepto de muller de carreira, introducido en Mad Men a través doutros personaxes como Peggy Olson ou Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais segundo as circunstancias particulares de cada muller. A masculinidade hexemónica, representada polo personaxe de Don Draper, colide cos anhelos dos personaxes femininos de Mad Men na súa incesante procura dunha identidade de seu. A análise das pautas de conduta destes personaxes axuda a comprender os mecanismos sociais e culturais que frean o acceso da muller á esfera laboral, tal e como describiu cinco décadas antes Betty Friedan.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno