Development of theranostic nanostructures for early stages of Alzheimer´s disease
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/26357
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Development of theranostic nanostructures for early stages of Alzheimer´s disease |
Autor/a: | Rodríguez Pérez, Manuel |
Dirección/Titoría: | Sobrino Moreiras, Tomás Castillo Sánchez, José Campos Pérez, Francisco (dir.) |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Medicina Molecular |
Palabras chave: | Alzheimer | nanomedicina | |
Data: | 2021 |
Resumo: | A enfermidade de Alzheimer (EA) é o tipo máis común de demencia, sendo a causa de entre o 60 e 80 % do casos. É unha afección neurodexenarativa, que cursa cun deterioro progresivo das capacidades cognitivas levando a unha perda de autonomía e funcionalidade que limita por completo o día a día dos doentes durante a vellez. Os tratamentos farmacolóxicos dispoñibles na actualidade so mitigan parcialmente os síntomas da enfermidade, sendo incapaces de modificar o curso da mesma. Asúmese que unha das principais causas desta baixa efectividade é a demora na diagnose da EA, sendo así imposible atallar o avance dos mecanismos fisiopatolóxicos nas etapas iniciais da enfermidade. Ante a necesitada dunha resposta ao tratamento e diagnose da EA en estadios temperáns xorde como alternativa a aplicación da nanomedicina. Actualmente o uso nanopartículas está amplamente establecido na investigación preclínica, onde permiten unha optimización e refinamento das estratexias terapéuticas e diagnósticas. Neste senso, este traballo tentou avaliar o desenvolvemento de nanopartículas superparamegnéticas multifuncionais dirixidas á proteína tau como sistema de detección multimodal, así como contribuír á diagnose temperá da EA mediante a determinación de biomarcadores relacionados coa enfermidade en fluídos biolóxicos. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/26357 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- Área de Ciencias da Saúde [1262]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: