A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/26344
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas |
Autor/a: | Roca Baamonde, Silvia |
Dirección/Titoría: | Ledo Andión, Margarita |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea |
Palabras chave: | Cinema | personaxe | representación | estereotipo | identidade | lingua | xénero | Galicia | |
Data: | 2021 |
Resumo: | Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito de facer e ver cine co construír da realidade social. Ao tempo, introdúcenos de cheo no debate sobre a importancia da visibilidade e na práctica da imaxe como resistencia cultural, nun contexto crítico especialmente interesante para o estudo da produción cinematográfica de sociedades-culturas periféricas como a galega. Así, dende a perspectiva dos estudos culturais, a conceptualización e análise dos cinemas e representacións nacionais, a tese procura determinar se o cinema de ficción realizado en Galicia ofrece unha imaxe estereotipada das galegas e galegos e trata de definir os riscos fundamentais da súa caracterización. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/26344 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: