O Val de Barcala e as súas bases lingüísticas galegas no Catastro de Ensenada (século XVIII)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/23198
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | O Val de Barcala e as súas bases lingüísticas galegas no Catastro de Ensenada (século XVIII) |
Autor/a: | Vidal Fonseca, Guillermo |
Dirección/Titoría: | Mariño Paz, Ramón Varela Barreiro, Francisco Xavier |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Lingüística |
Palabras chave: | Edición | Onomástica | Galeguismos | |
Data: | 2020 |
Resumo: | O Catastro de Ensenada é un dos documentos máis prezados polos distintos investigadores humanísticos para as súas pescudas sobre a Idade Moderna galega e española, se ben o seu proceso de edición carece aínda de uniformidade e de amplitude. A través deste traballo propoñemos unha nova metodoloxía para a súa edición tomando como base seis documentos catastrais da comarca galega da Barcala e levamos a cabo, a partir da edición, un estudo lingüístico centrado no seu valor como fonte indirecta para o coñecemento do galego medio, elaborando índices onomásticos (toponímico e antroponímico) e analizando detalladamente os galeguismos presentes nos textos. Por último, introducimos análises sobre os nomes, apelidos e topónimos que conteñen os documentos. Con esta tese queremos poñer ao dispor da comunidade investigadora unha rica fonte de estudo para o coñecemento do galego nunha fase histórica en que a tarefa se complica porque son escasos os documentos ao noso alcance para facela. Obviamente, con ela queremos mostrar tamén que todo o Catastro da Ensenada debe ser explorado con sistematicidade na investigación sobre o galego medio. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23198 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: