Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A invención das rías baixas: paisaxe, destino e territorio

Breixo Martíns Rodal

  • O termo Rías Baixas fai referencia a unha rexión do suroeste galego que é amplamente coñecida tanto na Galiza noutras áreas europeas. Pola contra, existe unha eiva destacable na súa investigación. A súa orixe, fronteiras e identidade son elementos escasamente estudados que, pola contra, son empregados para un grande número de delimitacións científicas. Esta entidade articúlase dentro dunha ampla andamiaxe litoral de subdivisións costeiras. Isto non é un feito illado pero un dos factores diferenciais das rías Baixas e Altas galegas reside na utilización dun elemento xeomorfolóxico costeiro como factor que lle outorga sentido e identidade á rexión. Así, a ría é o elemento central que imbúe de significado ás Rías Baixas. Polo tanto, esta investigación comeza analizando o elemento diferencial por excelencia das Rías Baixas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus