Vocalismo galego. Motivacións fonolóxicas do cambio
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/20750
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Vocalismo galego. Motivacións fonolóxicas do cambio |
Autor/a: | Aguete Cajiao, Alba |
Dirección/Titoría: | González González, Manuel Fernández Rei, Elisa |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Lingüística |
Palabras chave: | vocalismo | variación e cambio lingüístico | sociofonética | fonética e fonoloxía | |
Data: | 2020 |
Resumo: | Neste traballo abórdase a variación e o cambio lingüístico existentes no vocalismo galego actual dende o marco de traballo da Fonoloxía de Labotatorio. Esta investigación ten tres obxectivos principais: 1) obter unha primeira descrición acústica completa do sistema vocálico do galego; 2) identificar e describir os principais fenómenos de variación que afectan ao vocalismo tónico, pretónico e átono final; 3) analizar os factores internos, externos e extralingüísticos que motivan esta variación. Para poder lograr estes obxectivos, presentamos un estudo acústico descritivo do vocalismo galego, en base a unha mostra de falantes universitarios que teñen como lingua inicial e habitual o galego. Os resultados deste estudo permitíronnos obter unha primeira descrición dos fenómenos de variación interna e externa. Así mesmo, eses resultados leváronnos a formular novas hipóteses que foron testadas experimentalmente. Os resultados desta tese permitíronnos coñecer en detalle os principais factores internos e externos que motivan a variación e o cambio fónico no vocalismo galego na actualidade. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/20750 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: