Os Bancos do Tempo en España: un estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/19876
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Os Bancos do Tempo en España: un estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social |
Autor/a: | Maroñas Bermúdez, Andrea |
Dirección/Titoría: | Gradaílle Pernas, Rita Caride Gómez, José Antonio |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Educación |
Palabras chave: | Bancos do Tempo | Pedagoxía Social | Empoderamento | |
Data: | 2019 |
Resumo: | Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse nun sistema de intercambio de servizos onde a unidade de permuta é o tempo, contribuíndo á recuperación de redes locais que –en planos de igualdade– favorecen a autoestima e cohesión social. Non obstante, a variedade de finalidades e modelos de xestión, xunto a un escaso percorrido científico-académico, fai que o coñecemento dos BdT no contexto español sexa superficial e pouco sistematizado. O obxectivo desta investigación consiste en analizar as posibilidades e os límites dos BdT como ferramentas para o empoderamento na esfera individual, organizacional e comunitaria desde a perspectiva da Pedagoxía-Educación Social. A tal fin, desenvolveuse unha metodoloxía mixta integrada por unha enquisa e un estudo de caso. Os resultados reflicten unha actividade dos BdT excesivamente voluntarista e interna; de aí que as propostas de mellora se orienten a impulsar diferentes estratexias innovadoras que favorezan a súa profesionalización e incidencia no ámbito local. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/19876 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: