O subsistema de Formación Profesional para o Emprego: os Certificados de Profesionalidade e a súa vinculación coa mellora
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/18127
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | O subsistema de Formación Profesional para o Emprego: os Certificados de Profesionalidade e a súa vinculación coa mellora |
Autor/a: | Queiruga Santamaría, Olaya |
Dirección/Titoría: | Santos González, María del Carmen Rial Sánchez, Antonio F. (dir.) Zabalza Beraza, Miguel A. (dir.) |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Educación |
Palabras chave: | Formación Profesional para o Emprego | Certificados de Profesionalidade | Sector da construción | |
Data: | 2018 |
Resumo: | En España, unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa cualificación profesional. En consecuencia, isto supón, para estas persoas, unha maior dificultade de inserción e permanencia no mercado laboral. Debido á importancia e gravidade desta problemática e co fin de ofrecer solucións a esta situación, créanse, dentro do marco da política común europea en materia de emprego, os Certificados de Profesionalidade. Estes certificados, con validez en todo o territorio nacional, acreditan de forma oficial as competencias profesionais adquiridas para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego. Nesta tese de doutoramento centrámonos nos Plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas. Trátase dunha política activa de emprego que ten como obxectivo principal lograr a mellora da empregabilidade a través da oferta de formación que procura a adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, co fin prioritario de potenciar a integración e reinserción das persoas traballadoras desempregadas no mercado laboral. O propósito deste traballo é avaliar o impacto, calidade e eficacia do Plan de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na comarca de Santiago para o sector da construción. Trátase dunha investigación fundamentalmente descritiva na cal se analiza a inserción xerada por este tipo de formación, a calidade do proceso formativo e a adaptación da formación aos requirimentos do mercado laboral |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/18127 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: