A performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas contemporáneas: Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/17464
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas contemporáneas: Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo |
Autor/a: | Rozados Lorenzo, Larisa |
Dirección/Titoría: | Abuín González, Anxo |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura |
Palabras chave: | Poesía | Performance | Feminismo | |
Data: | 2018 |
Resumo: | Comezando o século XXI xurdiron novas voces poéticas no contexto galego representativas da emerxencia de novas linguaxes e práctica de resistencia fronte aos discursos hexemónicos, ao subverteren cuestións relacionadas coa idea dunha identidade unívoca, pechada, non mutable; cunha idea de autoría baseada nun principio de autoridade, cunha figura individual caracterizada polos presupostos do “xenio” autoral; e co canon patriarcal. Afondamos na obra de Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo. Estas autoras van da “creadora” individual á actividade compartida, e asumen posturas activistas de funcionamento en rede. Empregan o anonimato, heterónimos, traballan colectivamente ou buscan novas formas de edición que apostan por fórmulas abertas de “dereitos de autor”. Esta nova percepción carrexa tamén unha liberación con respecto á opresión do sistema patriarcal. Aquilo que ten que ver co corpo e coa autorrepresentación é estratéxico para darlles a volta aos estereotipos de xénero. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/17464 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: