Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central. Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada de Galicia e dos fluxos interterritoriais ocultos
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/17287
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración Central. Unha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada de Galicia e dos fluxos interterritoriais ocultos |
Autor/a: | Turnes Abelenda, Alberto |
Dirección/Titoría: | Vence Deza, Xavier, 1961- , dir. |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados (CIEDUS) Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Economía e Empresa |
Palabras chave: | descentralización | balanza fiscal | fluxos interterritoriais ocultos | |
Data: | 2018 |
Resumo: | Esta tese ten por obxectivo xeral, estudar as relacións de fluxos fiscais directos e indirectos que se dan entre Galicia e a Administración Central. Para a análise dos fluxos fiscais directos elabórase a balanza fiscal de Galicia para o período 2002-2013, seguindo o seguinte razoamento. En primeiro lugar estímase o “saldo da balanza fiscal básica”, onde só se teñen en conta as transferencias da Administración Central do Estado ás Administracións Autonómica e Local, o gasto do Estado en bens e servizos e persoal en Galicia e o investimento real. En segundo lugar, estímase o saldo da “balanza fiscal ampliada”, onde se engaden os gastos financeiros e o gasto correspondente á protección social. Co obxectivo de analizar os fluxos indirectos e sendo a principal novidade que aporta este traballo, cuantifícanse os denominados fluxos interterritoriais ocultos que derivan do gasto en obra pública promovido polo o Estado en Galicia e que se materializan nos beneficios industriais e gastos xerais que obteñen as empresas contratistas.. A partir deste punto a tese adquire unha maior dimensión, que nos permite analizar de forma mais ampla o proceso de descentralización política e fiscal en España. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/17287 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: