Cultivo de Echinacea purpurea (L.) Moench. baixo distintos métodos de control de flora arvense en Galicia
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14571
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Cultivo de Echinacea purpurea (L.) Moench. baixo distintos métodos de control de flora arvense en Galicia |
Autor/a: | Barros Camba, Ruth María |
Dirección/Titoría: | Romero Franco, Rosa (dir.) |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior. Departamento de Producción Vexetal |
Palabras chave: | Flora adventicia | produción de equinácea | polietileno negro | polipropileno negro | alcamidas | |
Data: | 2016-04-11 |
Resumo: | Echinacea purpurpurea (L.) Moench é unha planta perenne orixinaria de América do Norte, utilizada na prevención e tratamento do arrefriado común, a gripe e outras afeccións das vías respiratorias. Na actualidade é unha das plantas medicinais máis amplamente utilizadas no mundo. Este ensaio, levado a cabo en Lugo (Galicia), evaluou catro métodos de control de flora arvense durante tres anos de cultivo de E. purpurea: escarda manual, acolchado con malla perforada de polipropileno negro, acolchado con polietileno negro de 400 galgas e acolchado de polietileno negro de 700 galgas. Fixéronse inventarios periódicos da flora arvense, estimándose a biomasa e a densidade de cada especie ademais do total de flora. A maiores, determináronse as producións en peso fresco e peso seco, altura das plantas, número de flores e de talos por planta. Tamén se analizáron os contidos en alquilamidas e derivados do ácido cafeico, ademais de determinar a composición mineral das partes aéreas da equinácea. Os acolchados plásticos (malla e polietilenos) foron os tratamentos máis eficaces no control da flora arvense. Os maiores rendementos da parte aérea acadáronse no segundo ano de cultivo, producíndose nas bancadas acolchadas cos polietilenos, coincidindo cos máximos valores de altura, número de flores e talos por planta. Con respecto ao rendemento das raíces, non se atoparon diferenzas significativas entre tratamentos. Os acolchados plásticos parecen favorecer a concentración de principios activos nas plantas de E. purpurea. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14571 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl