A construción mediática do conflito político en Galicia: o tratamento de Resistencia Galega na prensa
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13982
Título: | A construción mediática do conflito político en Galicia: o tratamento de Resistencia Galega na prensa
|
Autor/a: | Domínguez García, Helena
|
Dirección/Titoría: | Martínez Hermida, Marcelo Antonio
|
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación Audiovisual e
Xornalismo
|
Palabras chave: | independentismo | conflito | propaganda | prensa | Resistencia Galega | |
Data: | 2016-03-21
|
Resumo: | A presente investigación analiza a construción mediática do conflito político en
Galicia, tomando como unidade de análise o tratamento que realizou a prensa do
fenómeno Resistencia Galega no período 2005-2014. Partindo dun enfoque crítico e
mediante a aplicación de diversas técnicas de análise textual e a realización de
entrevistas en profundidade, investigamos o rol que desempeñaron os medios no
conflito, é dicir, a maneira en que lle deron voz e visibilidade a identidades e intereses
en competencia, e as influencias que exerceu o poder político neste proceso. Para iso,
seleccionamos tres cabeceiras que representan distintas posicións ideolóxicas e que
pertencen, ao mesmo tempo, a esferas mediáticas diferenciadas, a dos medios
dominantes e a dos alternativos. Trátase dos diarios La Voz de Galicia, ABC e o xornal
mensual Novas da Galiza. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13982
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|