A construción do significado da protesta na crise do Prestige. Análise das axendas, os marcos e os discursos de Nunca Máis e dos medios de comunicación
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14569
Título: | A construción do significado da protesta na crise do Prestige. Análise das axendas, os marcos e os discursos de Nunca Máis e dos medios de comunicación
|
Autor/a: | Barberena Fernández, Teresa
|
Dirección/Titoría: | Álvarez Pousa, Luís (dir.)
|
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación
|
Palabras chave: | comunicación e protesta social | teorías dos movementos sociais | análisis del discurso de protestaanálise do discurso da protesta | Nunca Máis | |
Data: | 2016-04-11
|
Resumo: | A crise do afundimento do buque petroleiro Prestige provocou, ademais dunha gran catástrofe
medioambiental, unha crise social e política. A presente investigación estuda a creación de
significado que fixo o movemento social Nunca Máis e os medios de comunicación galegos, La Voz
de Galicia e El Correo Gallego, españois, El País e ABC, desta situación de emerxencia. Para
conocer como construiron a realidade o actor protesta e os media analízáronse os discursos de
ámbolos dous con diferentes métodoloxía. No proceso de construción de significados, Nunca Máis
creou a súa propia identidade colectiva baseada na identidade galega malia iso non conseguiu unha
cobertura mediática favorable. Neste traballo analízase o discurso do movemento social e dos
medios de comunicación para coñecer se houbo un aliñamento dos marcos de referencia ou non
durante os primeiros meses da crise. Unha das premisas de partida é coñecer como constrúe o actor
da protesta a sua identidade e como esta é transmitida polos media. Unha das hipóteses foi que
Nunca Máis só cobrou interese para os medios de comunicación cando houbo un posicionamiento a
favor ou en contra do movemento por parte do poder político, o que se demostra durante o estudo. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14569
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|