A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14608
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía |
Autor/a: | López López, Paulo Carlos |
Dirección/Titoría: | Álvarez Pousa, Luís (dir.) |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Xornalismo |
Palabras chave: | axenda-setting | eleccións Parlamento de Galicia | comunicación política | análise do discurso | voto económico | |
Data: | 2016-04-19 |
Resumo: | As eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2009 foron uns comicios con características especiais, dende o nivel fenomenolóxico ata o comunicativo e o político, onde, nun momento de varias crises superpostas, cada axente xogou un papel determinante na configuración das diferentes axendas e no encadre dos actores. Os acontecementos que tiveron lugar entre setembro de 2008 e marzo de 2009 no contexto económico e social, dinamitaron a posibilidade de continuidade no poder por parte de dous partidos políticos, PSOE e BNG, que, naquela altura, estaban condenados a entenderse para construír unha alternativa á dereita en Galicia. A presente investigación realizouse mediante un estudo pormenorizado das novas dos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El País entre o 9 de decembro de 2008 (data de saída de Xornal de Galicia) e o 28 de febreiro de 2009 (último día da campaña electoral) a través dunha metodoloxía mixta onde se conxuga a análise de discurso e de contido, ademais da extracción de datos dos diferentes barómetros do CIS. Sobre esta base constrúese o relato electoral mediante a “tematización” presente nos medios, investigando o proceso de diálogo (ou comunicación) que se estableceu entre os partidos políticos, os medios de comunicación e a cidadanía dentro do marco das teorías da axenda-setting e tamén da axendabuilding e as súas posibles influencias no voto. O desenvolvemento da investigación incardinouse nun momento de cambio, cunhas axendas que estaban reforzando o seu contido económico, e no que o período máis conflitivo se deu entre o 23 e o 28 de febreiro, onde os encadres sobre determinados protagonistas se acentúan, certos temas se reforzan e o conflito chega ao punto máximo co “despilfarro” como elemento central. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14608 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl