Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012)
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13376
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012) |
Autor/a: | Puñal Rama, Ana Belén |
Dirección/Titoría: | Álvarez Pousa, Luís |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación |
Palabras chave: | Xénero | Prostitución | Medios de comunicación | Prensa | El País | ABC | |
Data: | 2015-06-01 |
Resumo: | A investigación académica en Comunicación e Xénero desvela as discriminacións que das mulleres se fan nas representacións mediáticas. No Estado español, estes estudos adoitan estar referidos ás representacións sobre as mulleres brancas occidentais, heterosexuais e de clase media. Desa carencia nace a presente investigación, que está centrada nas representacións sobre a prostitución en El País e ABC, dende 1977 até 2012. Neste traballo analízase a valoración que fan El País e ABC do fenómeno da prostitución nos seus contidos: o proceso de selección e xerarquización da información, a tematización e creación de marcos referenciais, as representacións que se fan dos distintos suxeitos sociais involucrados na realidade da prostitución e o seu nivel de acceso ao discurso informativo, a análise das marcas textuais que deixan as rutinas de produción xornalística na construción do relato, así como o modo en que a axenda político institucional e o tecido cívico son trasladados aos medios de comunicación. A tese formula, entre as súas principais hipóteses, a influencia do contido político no mediático e a divulgación dun discurso simplificado e estigmatizador que está, ademais, determinado polos parámetros ideolóxicos do medio. Metodoloxicamente, bota man da combinación das análises do contido e do discurso. Os resultados evidencian a correlación do discurso político e o mediático. O asentamento da problemática da prostitución nas políticas públicas na última etapa analizada reflíctese nun incremento da información, da relevancia que se lle outorga e da profundidade con que se aborda. Os marcos temáticos do discurso político inflúen, así mesmo, no mediático, como acontece no caso da loita contra a trata. Constátase a existencia dun discurso simplificador, moi influído polo estigma, que vén modulado así mesmo pola liña ideolóxica do medio. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13376 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl