Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/7276
Título: | Construcións verbais en galego e portugués: verbos de movemento
|
Autor/a: | Domínguez Portela, Soraya
|
Palabras chave: | Verbos de movemento | Construción semántico-sintáctica | |
Data: | 2013-02-11
|
Resumo: | A tese Construcións verbais en galego e portugués: verbos de movemento foi
motivada pola participación, a través dunha bolsa de colaboración, no proxecto en
curso do ILG Construcións verbais e sintaxe da oración. Este iniciouse no ano 2002
e ten como obxectivo a delimitación das construcións base dos verbos galegos tanto
no plano semántico coma no sintáctico na busca de crear unha ferramenta referencial
no que respecta á construción da oración a partir do núcleo verbal. O referido
proxecto encádrase nunha tipoloxía de traballos que dende o último terzo do século
pasado xurdiron en diferentes ámbitos lingüísticos. Son programas de investigación
que teñen como obxectivo esta delimitación dos esquemas argumentais sintácticosemánticos
dos verbos nunha lingua concreta, sexa, por exemplo, no inglés
(FrameNet), no alemán (SALSAII) ou no español (Proxecto Adesse).
Nesta liña encádrase a nosa investigación. Demostramos que se pode determinar os
principios que regulan a construción semántico-sintáctica dos verbos de movemento
en galego e en portugués con que se pode predicir o seu funcionamento xenérico ou
base. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/7276
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|