Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Etiquetaxe e desambiguación automáticas en galego: o sistema Xiada

  • Autores: Eva María Domínguez Noya
  • Directores de la Tesis: María Sol López Martínez (dir. tes.), Guillermo Rojo Sánchez (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2013
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Rosario Álvarez Blanco (presid.), María Paula Santalla del Río (secret.), Jorge Graña Gil (voc.), Maria Inês Pedrosa da Silva Duarte (voc.), Mariona Taulé Delor (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • A construción de recursos lingüísticos, entre os que se encontran os corpus ou bases de datos textuais, é necesaria en toda lingua para continuar profundando no seu coñecemento, mais tamén é fundamental para o procesamento da linguaxe natural. Nos últimos anos, ademais, as novas tecnoloxías xorden como un parámetro máis de clasificación das linguas en función da súa presenza ou ausencia nelas. Neste marco sitúase o presente traballo, onde se recollen e describen polo miúdo os diferentes recursos lingüísticos elaborados ¿etiquetario, lexicón e corpus de adestramento, basicamente¿ para que poida executarse con garantías dunha alta taxa de acerto un etiquetador de tipo estatístico-probabilístico como é o Etiquetador/Lematizador do galego actual (XIADA), aplicado aos documentos que conforman o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) ¿corpus considerado representativo da lingua galega actual, cuxas características lingüísticas constatan as dificultades de traballar con lingua real¿. Coa etiquetaxe permítese dar un salto cualitativo no sistema de consultas, de xeito que se facilita a recuperación de información a través dunha aplicación web mediante a consulta por forma, lema, etiqueta morfosintáctica ou calquera combinación destas; co engadido, naturalmente, das prestacións do CORGA. O resultado palpable da aplicación do sistema XIADA á análise de corpus en galego pode consultarse en liña accedendo ao Corpus de Referencia do Galego Actual etiquetado (CORGAetq).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno