Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O efeito do gasto público na justiça em Portugal

  • Autores: Natacha Alexandra Correia de Jesus Silva
  • Directores de la Tesis: Luis Antonio Caramés Viéitez (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2012
  • Idioma: portugués
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Enrique Moldes Teo (presid.), María Cadaval Sampedro (secret.), Carlos Pateiro-Rodríguez (voc.), Francisco José Castelo Branco (voc.), Antonio Méndes Ferraz (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Este traballo subliña algúns estudios comparados sobre o sistema xudicial portugués, e versa sobre unha avaliación comparativa entre eles.

      No capítulo I dáse conta da contextualización europea no ámbito das diferentes abordaxes aos sistemas xudiciais.

      O capítulo II, salienta a importancia dunha reforma no sistema xudicial portugués, facendo fincapé nas alternativas concretas e nas resolucións levadas a cabo no país luso. Non obstante, botamos man tamén das recomendacións e resolucións da CEPEJ ¿ Comisión Europea para a Eficiencia da Xustiza- e, nalgúns casos, tamén do OPJ ¿ Observatorio Permanente de Xustiza-.

      Inevitable sería poñer un capítulo referente á Reforma do sistema Xudicial Portugués. Neste senso, o capítulo III dá un enfoque á Nova Reforma Xudicial, abordando a reforma dos tribunais.

      No capítulo IV atendemos á cuestión, cada día máis pertinente, da Resolución Alternativa de Litixios, como medio máis próximo dos cidadáns e, nese senso, reálzase a importancia do acceso ao dereito e ao patrocinio xudicial.

      Seguidamente, o capítulo V, fai unha comparativa dos Orzamentos da Xustiza, para os anos 2008 e 2009.

      No capítulo VI dedicamos toda a nosa atención a un cuestionario preliminar, realizado a un grupo de xuíces, avogados e oficiais de xustiza, con idades e salarios diferentes. A información obtida neste cuestionario foi extraída en todo o territorio de Portugal, no que podemos ver unha mellor e mais realista comprensión desta problemática. A consulta do Cuestionario pode ser feita no Apéndice.

      Foi a nosa intención propoñer unha conducta, un camiño a seguir. Ao longo do estudio e da investigación dos feitos, fomos testemuña das quebras de confianza das que é obxecto o sistema de xustiza en Portugal e tentamos debuxar unha tendencia, aínda que tenue. Nembargantes, foi verificado que non só era unha tendencia adoptada e defendida por min, senón tamén polas Comisións e Comités que se dedican á observación e ao estudio do sistema xudicial. O camiño está trazado. Só nos queda salvagardalo e asegura-lo seu desenvolvemento


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno