Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As cantigas de Pero d' Armea: edición crítica e estudo

  • Autores: Francisco Fernández Campo
  • Directores de la Tesis: Mercedes Brea López (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2012
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Pilar Lorenzo Gradín (presid.), Francisco Xabier Varela Barreiro (secret.), Cleofé Tato García (voc.), Rosa María Medina Granda (voc.), Carmen F. Blanco Valdés (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • O obxectivo principal deste traballo é o de presentar unha edición crítica, elaborada segundo os parámetros da crítica textual contemporánea, dos textos líricos do xograr galego Pero d¿ Armea, quen posiblemente, desenvolveu a súa actividade poética entre o segundo e o terceiro cuartos do século XIII.

      Ata o de agora, só existen edicións parciais, feitas con criterios de edición de distinta profundidade, polo que se fai necesaria unha edición crítica total das súas composicións.

      As cantigas de Pero d¿ Armea véñennos transmitidas polos dous códices confeccionados en Italia, nos inicios do século XVI, por mandado do humanista Angelo Colocci, é decir, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V). A partir deses testemuños, intentaremos formular unha hipótese de fixación dos textos, seguindo os procedementos da crítica textual actual. Asemade, tentaremos presentar os escasos dados biográficos do xograr de Armea, coa fin de situalo, espacial e temporalmente, e de reconstruir o marco xeracional, ambiental, cultural e de relacións con outros trobadores e xograres da escola poética do occidente peninsular.

      Palabras chave: Lírica medieval galego-portuguesa Edición crítica Cantigas Pero d¿ Armea


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno