Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Lingua e territorio

Rosario Álvarez Blanco, Francisco Dubert García, Xulio C. Sousa Fernández

  • De acordo coa descrición comunmente aceptada da organización das variedades dialectais galegas, no nivel máis básico dispóñense en bloques, no sentido dos meridianos, e só secundariamente en áreas, no sentido dos paralelos. Neste volume, titulado de forma significativa Lingua e Territorio, bótanse novas olladas complementarias sobre esta disposición territorial. Con esta obra colectiva preténdese afondar nas orixes da organización xeográfica das variantes lingüísticas nunha abordaxe interdisciplinar. A voz dos xeógrafos, historiadores, antropólogos e xenetistas únese á dos dialectológos, con resultados moi interesantes que se recollen de forma sintética no «Limiar».


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus