Desde as súas orixes, as artes escénicas tiveron unha significativa capacidade de transformación social porque nacen en, de e para a sociedade, entendida esta desde o amplo espectro do desenvolvemento humano. Así sendo, este Congreso foi organizado para contribuír á transformación social adecuándose aos novos valores e retos –a convivencia, a igualdade, a sustentabilidade, a diversidade e o carácter inclusivo– e aspirando a realizar unha posta en común da situación actual e dos problemas do teatro galego, en confronto con outros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución. As achegas ao Congreso, que aquí se presentan, pretenden contribuír á transformación da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexaren considerar este proxecto que nace coa vontade de servir de guía para profesionais, xestores e público co 2030 no horizonte.

Desde a súa xestación, a Academia Galega de Teatro identificou como un dos seus obxectivos fundamentais a celebración do I Congreso Internacional do Teatro Galego. A idea xurdiu tras corenta anos de exercicio profesional, cunha vocación de pluralidade e de apertura a todas aquelas experiencias e manifestacións do sistema teatral galego. Por esta razón, todos os esforzos foron concentrados na procura da participación do maior número de sectores con implicación directa na produción dramática galega.

O Congreso tivo o seu referente histórico no I Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol en xuño de 1988 coa participación dun sector importante da profesión e dos representantes políticos daquela altura e cuxos resultados, publicados en 1991, constituíron un auténtico activador de políticas teatrais. Mais, tras trinta anos, esas políticas precisan ser renovadas para se adaptar a unha realidade moi diferente.

Certamente, a sociedade non deixa de evoluír e, en consecuencia, a realidade teatral e política mudan constantemente. Por esta razón, consideramos que era necesario revisar profundamente todo o que atinxe ao teatro e ás políticas teatrais. As reflexións derivadas deste I Congreso Internacional representan, pois, un auténtico plan estratéxico para o futuro do Teatro Galego.

[Data da nota de prensa: febreiro 2022]

Título Deseñando horizontes.
Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego
Edición Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Carlos Lorenzo Pérez
Francisco Oti Ríos
Dolores Vilavedra
Autoría Ana Abad de Larriva
Berta Álvarez-Buylla Falces
Gonçalo Amorim
María Armesto
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Xavier Campos
Cecilia Carballido
Håkan Casares
Xavier Castiñeira Blanco
Jaume Colomer
Fabrice Corrons
Fernando Dacosta
Manuel Dasilva
Cristina Domínguez Dapena
Xavier Estévez
Xosé Manuel Fernández Castro
Julio Fernández Peláez
Carme Fernández Pérez-Sanjulián
Xosé Ramón Freixeiro Mato
Daniel González Salgado
Guillem-Jordi Graells
Carlota Guivernau
Guillermo Heras
Agustín Iglesias
Pablo Iglesias
Antón Lamapereira
Inmaculada López Silva
Carlos Lorenzo Pérez
Rui Madeira
Xavier Marcé Carol
Laura Míguez Escudero
Irene Moreira
Fran Núñez
Marta Núñez
Xaquín Núñez Sabarís
Idoya Otegui
Francisco Oti Ríos
Carme Portacelli
Santi Prego
María Reimóndez
Domènech Reixach
Diego Rivadulla Costa
David Rodas González
Amparo Rodríguez de Dios
Xesús Ron
Toni Rumbau
Antón Sampayo Flores
Xosé Manuel Sánchez Rei
Vanesa Sotelo
Artur Trillo
Manuel F. Vieites
Epílogo Rosario Álvarez
Introdución Inma António Souto
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Academia Galega de Teatro, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 999 p.; 24 cm
Notas Contén os relatorios presentados no I Congreso Internacional do Teatro Galego, celebrado en Santiago de Compostela entre o 7 e o 10 de outubro de 2020.
ISBN 978-84-17802-42-4
Depósito Legal C 404-2022
DOI 10.17075/dhsaopftg.2022
Url externa Catálogo RBG
Colección Actas
Evento Presentación.
Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego. Actas do I Congreso Internacional de Teatro Galego
10/2/2022. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Código QR