Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega: Antoloxía

Imagen de portada del libro A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega

Información General

Otros catálogos

Descripción principal

  • A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola que neste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago María Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou e promovido por GALIX, recóllese unha antoloxía de trinta e oito obras da literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende diferentes puntos de vista, as traumáticas consecuencias das guerras e dos conflitos bélicos e as súas repercusións para a humanidade.

    O corpus seleccionado nesta antoloxía, ten, pois, como elo unificador a lingua galega, aínda que o orixinal fose escrito noutras linguas, organizándose a súa significatividade arredor de cinco eidos temáticos: “campos de concentración e refuxiados”, “consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade”, “episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes”, “actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos” e “os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo”.

    A presente antoloxía, dirixida a un lectorado entre os dez anos e a fronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela carácter narrativo, incluíndo textos dos seguintes autores galegos: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro, Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón González Álvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño.

    Os estudos preliminares e a escolla e edición dos textos antologados foron realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto López e as dúas coordinadoras da obra, María Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno