Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Sarmiento: vida e obra : pensador e investigador ilustrado

Imagen de portada del libro Sarmiento

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2002
  • Año de publicación: 2002
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-771-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 – Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sobranceiras da cultura ilustrada do século XVIII hispano e un dos primeiros e máis singulares estudiosos da cultura galega. Amante da sabedoría, lector infatigable, escritor torrencial, atento a moitos dominios da vida cultural do seu tempo, Sarmiento destacou por ser tanto un dos introductores de Newton en España, como o erudito que recupera a memoria da lírica medieval galega; o lector en varios idiomas, ou o escritor en galego do Coloquio de vintecatro galegos rústicos; o medievalista que analiza a documentación de séculos dos mosteiros galegos, e o científico que fai ensaios de electromagnetismo e hibridación de plantas; o botánico que escribe páxinas fermosas da nosa historia natural, tanto coma o filólogo adiantado dos estudios de filoloxía románica; o correspondente de importantes científicos europeos, así coma o viaxeiro que analiza e constrúe pezas basais da cultura galega; aquel que estaba presto para dar a súa opinión informada sobre asuntos da vida pública, ou mesmo aquel que quería unha educación racional, da vida e para a vida, e unha escola en galego.

    Sarmiento .Vida e obra, o libro preparado por Antón Costa Rico para dar a coñecer a figura homenaxeada o 17 de maio de 2002, pretende debuxar o perfil desta senlleira personalidade, percorrendo a súa vida, o seu tempo e a súa obra, que é a dun investigador e un pensador que se manifesta como galego e como ilustrado. Un percorrido que procura facerse co acompañamento de escritos breves saídos da súa pluma, e de varios apuntes informativos que axuden a captar as vicisitudes dunha biografía singular; a de alguén que, como el dixo, nada facía, dicía ou escribía sen ter o seu pensamento en Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno