Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Equilibrios ácido-base

Julia Barciela García, Rosa María Peña Crecente

  • Nesta unidade repasaranse os fundamentos dos equilibrios ácidobase(tanto de ácidos e bases fortes como débiles), as súas constantes de equilibrio e os cálculos de concentracións para todas as especies participantes nos mesmos. Dentro da unidade tamén se tratará con especial detalle o concepto de disolucións reguladoras (preparación, cálculo de pH, mecanismos de regulación). Por último como aplicación práctica, a unidade centrarase no estudo das volumetrías ácido-base, as cales se usan en moitos campos da análise química. Ó analizar unha curva de valoración poderase aprender a deducir as cantidades dos compoñentes ácidos e básicos presentes nun equilibrio deste tipo. Nesta unidade tamén se aprenderá a predicir as curvas de valoración dependendo do tipo de ácido e bases empregados, podendo indagar as concentracións de todos os compoñentes da mestura, coñecer como funcionan os indicadores ácidobase e como elixir un indicador para unha valoración determinada.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus