Ángel Sicart Giménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Sicart Giménez
Biografía
Nacemento26 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Vilameá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciado e doutor en historia da arte
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , catedrático Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoHistoria da arte
Linguacastelán e galego
Familia
CónxuxeMaría Dolores Vila Jato († 2001)
FillosMiguel (1978)

Dialnet: 632439

Ángel Andrés Sicart Giménez, nado en Vilameá (A Pontenova) o 26 de abril de 1948[1] é un historiador galego especializado en historia da arte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras (Sección Historia da Arte), na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou.[1][2]

Fórenlle concedidas varias bolsas de estudos, unha delas para a Academia de Belas Artes de Roma, Italia (1976-1977), cidade na que ensinou Historia da Arte española no Instituto de Lingua e Literatura.[2] Até a súa xubilación foi profesor titular de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia da USC.[3]

O profesor Sicart ditou conferencias e dirixiu cursos en universidades españolas e estranxeiras sobre temas da súa especialidade,[1] e participou en varias reunións e congresos nacionais e internacionais. Colaborou na Catalogación artística de Galicia (Fundación Barrié-Museo Provincial de Pontevedra, 1973), e coordinou as I Xornadas Arquitectura-Historia da Arte (Santiago de Compostela, 1988)

É académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando,[4] do Comité Español de Historia del Arte, da Comisión da Cidade e o Camiño de Santiago, e da Comisión do Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega,[1][2] así como membro do Centre européen de recherches sur les clongregations et des ordes monastiques.[2]

O 20 de novembro de 2002 o Liceo de Ourense concedeulle a súa medalla de ouro polo seu apoio a esa entidade, destacando o seu papel na obra de restauración do edificio e promovendo a declaración do mesmo como Ben de Interese Cultural.[5] En setembro de 2014 foi nomeado membro do Patronato de la Fundación Galicia Obra Social (Afundación).[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Sicart publicou seis artigos de revistas, sete colaboracións en obras colectivas, un libro, ademais de dirixir unha tese de doutoramento.[7]

Artigos en revistas[editar | editar a fonte]

  • "Aportaciones al estudio del barroco en Lugo: ejemplos de arquitectura civil en el siglo XVIII". Boletín do Museo Provincial de Lugo, ISSN 0212-8438, Nº. 2, 1984, páxs. 147-156.
  • "La intervención de Rodrigo Gil en la remodelación de la catedral de Orense". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, ISSN 0210-9573, Tomo 49, 1983, páxs. 287-296.
  • "La iglesia del monasterio de Villabade". El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 37, 1983, páxs. 249-262.
  • "La actividad artística en los scriptoria monacales gallegos en la Edad Media: el tumbo de Toxos Outos". Boletín auriense, ISSN 0210-8445, Tomo 12, 1982, páxs. 243-261.
  • "Un manuscrito medieval: la Vida y los Milagros de San Rosendo". Boletín auriense, ISSN 0210-8445, Tomo 7, 1977 (Exemplar dedicado ao Milenario San Rosendo), páxs. 5-19.
  • "Las pinturas murales de San Juan de Portomarín! Cuadernos de Estudios Gallegos, ISSN 0210-847X, T. 29, Nº. 87-89, 1974-1975, páxs. 348-351.

Capítulos en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "La figura de Santiago en los textos medievales", en Il pellegrinaggio a Santiago de Compostela e la letteratura jacopea. Atti del Convegno Internazionale di Studi. Perugia, 23-24-25 settembre 1983. Coord. por Giovanna Scalia, 1985, páxs. 271-285.
  • "El Gótico: pintura", en La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-69-4, páxs. 274-282
  • "El Románico", en La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-69-4, páxs. 159-200.
  • "Museos y colecciones de la ciudad de Santiago", en La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-71-6, páxs. 541-549
  • "El patrimonio cultural de Galicia: el legado de la memoria", en IV Congreso Internacional de Rehabilitación del Patrimonio Arquitectónico y Edificación (Cuba '98), Libro de actas . Miguel Ángel Fernández Matrán (dir. congr.), 1998, páxs. 291-292.
  • "Imagen y arquitectura: los inicios del cristianismo en el occidente de la Gallaecia (s. IV-V)", en Estudios sobre Historia del Arte ofrecidos al Prof. Dr. D. Ramón Otero Túñez en su 65º cumpleaños, coord. por José López-Calo, 1993, ISBN 84-8121-072-2, páxs. 297-310.
  • "O mosteiro de Samos como proceso de investigación". En San Xulián de Samos. Historia e arte nun mosteiro. Opus monasticorum III. Santiago de Compostela, 2008, Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria / S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-453-4690-7, pp. 13–17.

Libro[editar | editar a fonte]

  • Pintura medieval, la miniatura. Santiago de Compostela: Arte Galega Sánchez Cantón, 1981. ISBN 84-600-2429-6.

Tese dirixida[editar | editar a fonte]

  • "Arquitectura y restauración. Galicia 1980-1990", de Concepción Fontenla San Juan, lida na Universidade de Santiago de Compostela en 1996.[8]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Desde 1966 a 2005 Ángel Sicart foi director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Culturada Xunta de Galicia.[9][10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ángel Sicart Giménez casou con María Dolores Vila Jato, tamén historiadora da arte e, coma el, académica correspondente da Real Academia Española de Belas Artes de San Fernando, que faleceu o 2 de abril de 2001,[11] A parella tivo un fillo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]