Carlos Valcárcel Riveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Valcárcel Riveiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Mourente, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , profesor universitario , creador de contido dixital Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, Interlingua, lingua galega, lingua portuguesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: CValcrcel Instagram: orlophe_interlingua TikTok: orlophe_vauchertres Dialnet: 2004550 Editar o valor em Wikidata

Carlos Valcárcel Riveiro, nado en Mourente (Pontevedra) o 3 de setembro de 1972, é profesor na Universidade de Vigo, experto en Lingüística Francesa, Didáctica das linguas estranxeiras e Lexicografía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Didáctica do Francés na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra na Universidade de Vigo, é Doutor en Filoloxía Románica dende 2007. Imparte docencia en varios mestrados, entre os que se atopa o Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLex)[1], é membro da rede de Lexicografía RELEX[2] e do grupo de investigación dos proxectos PORTLEX[3], MultiGenera[4] e MultiComb[5].

As súas áreas de interese son múltiples e variadas: é experto en Sociolingüística, traballa na área do PLN e avoga pola implantación das ferramentas informáticas en todos os ámbitos da Ciencia (especialmente no campo da Lingüística e da Lexicografía) e da Docencia. Proba diso son os seus traballos no eido da Lexicografía colaborativa, alén dos seus esforzos por promover a participación de persoas expertas e alumnado en iniciativas como as edicións do HACKFEST: Edita pa' diante (2018) e Dicionariando (2019).

É compositor e vocalista no grupo de música electrónica Projecto Mourente.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Escritos sobre lexicografía plurilingüe especializada (ed. xunto con Terencia Silva). Granada: Comares, 2016.
  • Lexicografía de las lenguas románicas II. Aproximaciones a la lexicografía moderna y contrastiva (ed. xunto con María José Domínguez Vázquez, Xavier Gómez Guinovart). Berlín: De Gruyter, 2015.
  • Points de vue sur la complémentation (éd. avec Antoine Gautier, Laura Pino Serrano). Bruxelles: Duculot, 2014.
  • ComplémentationS. Avec Antoine Gautier, Laura Pino Serrano. PIE-Peter Lang, 2014.
  • Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares. [Recurso electrónico] [Santiago de Compostela]: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008.
  • Do rural ao urbano. Tentativa dunha analise xeolingüística do concello de Pontevedra. Pontevedra: Servizo de Publicacións, Deputación Provincial de Pontevedra, 2002.
  • Desenvolvemento urbano e difusión xeolingüística: algúns apuntamentos sobre o caso galego. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 1997.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía - Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-11-14. 
  2. "Red de lexicografía – Red de grupos de investigación sobre lexicografía" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2023. Consultado o 2019-11-14. 
  3. "PortLex". PortLex (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  4. "MultiGenera". PortLex (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  5. "MultiComb". PortLex (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]