Estanislao Fernández de la Cigoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstanislao Fernández de la Cigoña
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFabriciano Fernández Serra Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Fernández de la Cigoña Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 3872 Dialnet: 1417657

Estanislao de Kostka Fabricio Fernández de la Cigoña Núñez, nado o 31 de xullo de 1941 en Vigo, é un investigador, escritor e ecoloxista galego, en lingua galega e castelá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña, licenciouse en 1968 na Facultade de Náutica de Barcelona e é diplomado en mercadotecnia.

Dirixiu varias entidades científicas, culturais e sociais. Foi presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), do Instituto Galego de Estudios Mariños (IGEM), da Universidad Miñota (UMATI) e de Amigos de los Animales (AAA).

Foi recoñecido coa Medalla de Bronce de Galicia no ano 2005.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo de Fabriciano Fernández Serra (1893-1955, xornalista). Por vía materna é neto de Estanislao Núñez Barrios.[3] É irmán de Francisco Fernández de la Cigoña (1940- , escritor).[4]

Obra[editar | editar a fonte]

A máis de colaboracións e artigos, a obra literaria de Estanislao Fernández de la Cigoña é extensa:[5]

Colectiva
  • Castrelos: Un parque salvado por el pueblo de Vigo. (Historia de una lucha) (1993).
  • Excursión polas furnas e covas de Galicia, con Félix Loira de Tresaldeas (1998). ISBN 84-87904-11-4.
  • Cando a estrelas caen do ceo. (Ensaio sobre o meteorismo en Galicia), co seu fillo Estanislao de Kostka Fernández de la Cigoña Rodríguez (1999). ISBN 84-87904-13-0.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Galegos.info". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2013. 
  2. Resolución do 2 de xuño de 2005 Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. DOG.
  3. Fernando Franco (8 de xaneiro de 2014). ""Critiqué en Cangas la caza de ballenas cuando todo el pueblo vivía de Massó"". Faro de Vigo (en castelán). 
  4. Blog de José Ramón Fernández de la Cigoña Núñez Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. irmán de Francisco José e Estanislao.
  5. Estanislao Fernández de la Cigoña en Dialnet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]