Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Proxección da obra de Elías Valiña Sampedro no municipio do Corgo

José Manuel Blanco Prado

  • Elías foi un crego e escritor galego, coñecido como “O cura do Cebreiro”. Naceu en Lier (Sarria), o 2 de febreiro de 1929, e finou o 11 de decembro de 1989. Licenciouse en Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas, en 1959, e seis anos despois doutorouse na Universidade Pontificia de Salamanca. Dende o ano 1959 foi párroco do Cebreiro, sendo o principal artífice da restauración do poboado do Cebreiro, que finou no ano 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Nos anos sesenta, do século pasado, levou a cabo o primeiro estudo con rigor científico sobre o Camiño francés a Santiago, que a partir dos oitenta comezou a sinalar con frechas amarelas.

    Para esta tarefa contou con importantes colabora-dores ao longo do Camiño, que deron lugar con posterioridade ás diferentes asociacións de amigos do Camiño existentes en España. Estas foron o xerme de que as peregrinacións a Santiago se intensificasen gracias a Elías Valiño Sampedro a partir do Xacobeo do ano 1993.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus