E se licitar non sempre fose a forma máis eficiente para proverse de bens e servizos?

Silvia Díez Sastre
Resumo

O Dereito da contratación pública constrúese arredor da licitación como a mellor fórmula para adquirir bens e servizos no mercado. Non obstante, os presupostos necesarios para que unha licitación sexa eficiente non sempre concorren na realidade: é o caso da existencia dunha pluralidade de licitadores ou da capacidade do ente adxudicador para planificar e deseñar adecuadamente a súa contratación. Neste contexto, este traballo cuestiona a premisa arraigada no ordenamento xurídico vixente en España de que a licitación é a opción máis eficiente, que non require xustificación, e expón a utilidade de fórmulas alternativas de colaboración público-pública e público-privada á marxe da licitación, que non deberían considerarse necesariamente como técnicas excepcionais.

Detalles do artigo

Palabras chave:
licitación, sector público, eficiencia, cooperación público-pública, terceiro sector, contratos open house