Azucena Arias Correa, María Mercedes Álvarez Lires, Uxío Pérez Rodríguez, Mercedes Varela Losada, José Francisco Serrallé Marzoa, Francisco Javier Álvarez Lires
Neste estudo, realizado con alumnado de grao de Educación infantil (EI) da Universidade de Vigo, tentouse analizar as concepcións do profesorado de EI en formación inicial sobre a integración de áreas (enfoque globalizador) contextualizando os resultados dentro dunha formación encamiñada a que utilicen metodoloxías innovadoras (proxectos) na xestión de aprendizaxes en ciencias co seu futuro alumnado. Os resultados indican incongruencias entre as súas concepcións explícitas e as súas concepcións implícitas.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados