Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O teatro galego do último terzo do século XX: unha proposta de revisión historiográfica

Inmaculada López Silva

  • English

    This article presents a critical review of the different periodisation and key concepts proposed by scholars for the study of contemporary Galician theatre. Because of the contemporaneous nature of many of these analyses, certain trends and ideas have tended to the over-emphasised, while other, subsequently important developments have been overlooked owing to their marginal or incipient influence at the time of study. Recent scholarship has also highlighted the need to situate 21th century Galician theatre in relation to its past and the many significant forgotten events of the past. The article proproses a re-analysis of contemporary Galician theatre based on the concepts of "professional theatre", together with a re-periodisation of the last fifty years that assesses the aesthetic trends of the period based on the analytical oppositions: critical-political theatre versus non-combative theatre, dramatic theatre versus post-dramatic theatre, and commercial theatre versus non-commercial theatre.

  • galego

    O artigo presenta unha revisión crítica de diferentes propostas periodizadoras do teatro galego contemporáneo e dos conceptos clasificadores considerados clave no seu estudo. Boa parte destas propostas foron realizadas de xeito case contemporáneo aos feitos estudados, o que implica unha ausencia de perspectiva que, a miúdo, conduciu a unha sobreestimación de determinadas tendencias ou propostas estéticas, mentres que outras, simplemente iniciais ou marxinais no momento do estudo, ficaron escuredidas maila que, co tempo, resultaron ser fundamentais. Por outra banda, por volta de 2021 constátase a necesidade de situar a produción dramática e escénica deste primeiro cuardo do século XXI en relación cos anos anteriores e en relación con acontecementos importantes para o teatro galego nunca contemplados na súa revisión histórica. Partindo destas premisas, o artigo expón unha proposta de análise baseada no concepto de "teatro profesional" e unha reperiodización que abarca os últimos cincuenta anos na que, ademais, se revisan as correntes estética en función de tres polaridades que funcionan como criterios analíticos: o teatro crítico-político fronte ao teatro branco, o dramático fronte ao posdramático, e o comercial fronte ao non comercial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus