David Miranda Barrós, Manuel Marey Pérez, X. P. González
Na actualidade, a cada vez meirande demanda, que está a xurdir pola necesidade dunha reorganización da propiedade forestal, precisa de procedementos específicos e máis áxiles que os das actuacións clásicas de concentración parcelaria en terreos agrícolas, que eviten en definitiva importantes mermas productivas.
Como é ben sabido, Galicia caracterízase por unha atomización xeneralizada dos seus montes. Esta situación de minifundio forestal está a crear unha situación desfavorable para os selvicultores galegos, aínda tendo en conta a súa situación xeográfica favorable, con condicións edáficas e climatolóxicas idóneas para a producción forestal.
Segundo o anterior, as solucións que se están levando á práctica pasan por unha potenciación do asociacionismo entre propietarios, vencellado a unha reestructuración da propiedade. Esto último responde á necesidade dunha superficie mínima que facilite a mecanización dos traballos selvícolas, á importancia das infraestructuras para realizar o aproveitamento forestal, etc.
A optimización das devanditas técnicas, asociacionismo e concentración parcelaria forestal, veñen dadas por unha maior difusión das avantaxes do asociacionismo e por unha maior dinamización nas actuacións de reestructuración da propiedade. A ralentización deste procedemento, a miúdo atingue a cada unha das fases do proceso, producindo grandes perdas na producción forestal, así como o desalento dos propietarios dos montes afectados. Esto xustifica a necesidade dun maior dinamismo no proceso, realizando un procedemento abreviado para as concentracións parcelarias de carácter forestal, onde se minimice o tempo transcorrido entre a valoración do voo e a toma de posesión das fincas.
Este último punto vese claramente favorecido cando empregamos as técnicas apropiadas para a realización do proxecto de concentración, tal e como se presenta neste traballo, que xa constitúe unha experiencia practicada con éxito noutros países veciños; baseada na utilización de ortofotos para a elaboración da cartografía, fotointerpretación de estereofotografías aéreas en color para a valoración das masas arbóreas (a través do cálculo de existencias) así como para determinar os usos do solo, e por último, as tarefas de análise para a elaboración da cartografía final, coa que se poden obter as fincas de retorno mediante a implementación dun Sistema de Información Xeográfica que aportará potencialidade, dinamismo e eficacia á devandita análise.
At present, every time greater demand, that it is being generating by the need of a reorganization of the forest property, that needs of specific procedures and more agile than those of the classic performances of parceling concentration in agricultural lands, that avoid important productive losses.
As is well known, Galician it is characterized by a generalized atomization of its mountains. This situation of short forest parcels is creating a unfavorable situation for the forest Galician management, yet taking into account its favorable geographical situation, with climatological conditions and of suitable soil for the forest production.
According to the foregoing, the solutions that they are being carrying to practice go through a best of the owner association between proprietary, united to a restructuring of the property. This last answers to the need of a minimal surface that facilitate the mechanization of the projects forest, to the importance of the infrastructures to accomplish the forest utilization, etc.
The optimization of these techniques, owner association and forest parceling concentration, come given by a greater diffusion of the advantages of the owner association and by a greater dynamism in restructuring performances of the property. The paralysis of this procedure, often relates to each one of the phases of the process, producing large losses in the forest production as well as the despondency of the owners of the affected mountains. This justifies the need of a greater dynamism in the process, accomplishing a procedure abridged for the parceling concentrations of forest character, where elapse the smaller possible time between the valuation of the flight and the takeover of the properties.
This last point is seen clearly favored when we use the appropriate techniques for the accomplishment of the concentration project, such and as is presented in this work and already constitutes an experience practiced with success in other neighboring countries, based on the air photographs utilization restored for to elaboration of the cartography, air photographs interpretation in color for the valuation of the arboreal bulks (by the stocks calculation) as well as to determine the uses of the soil, and finally the tasks of analysis for the elaboration of the final cartography with the return properties through the implementation of a Geographical Information System that will provide potential, dynamism and efficiency to the analysis.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados