VIDA MARIÑEIRA DE SADA. CONTRIBUCIÓN PARA UN ESTUDO LINGÜÍSTICO (VII)

María do Carme Ríos Panisse
Publicado orixinalmente en Verba, nº 1, 1974: 181-232.

VI. VOCABULARIO



1. O mar


afora. Alta mar.
ajieiro. Banco de area nos sitios de pouco calado da praia.
alomabar. Subir o nivel da auga. Normalmente dise cando vén unha onda sen crista.
apanzar. v. alombar.
area. Fondo con area // Area.
arjado. Mar picado que se fai cando se atopa a forza da marea contra a dirección do vento.
aujas mortas. Auga do ronsel do barco. Dise que é perigoso meterse nas aujas mortas doutro barco.

badía. Baía
baixa. v. baixo.
baixada do  mare.Marea que baixa.
baixio. Baixío
baixo. Roca illada no mar que pode representar un perigo para a navegación. Chámase con pouca auja se é superficial.
banco. Banco de area.
barrer os fondos. Coller todo o peixe dun fondo.
braña. Marisma
cantil. Praia máis alta que o nivel do mar que é costa para o
lado de terra (dise costaneira para abaixo) // Acantilado.
cascaxo. Mestura de cunchas e area que hai nas praias.
cebado. Fondo con algas.
conchil. Fondo de mar con cunchas.
costaneira. Praia moi pina.
croio. Pedra branca.
cuberto. Fondo de pena.
debalante. Marea que baixa.
debalar. Baixar a marea.
encher o mare. Subir a marea.
enchente. Marea que sobe.
enrizado. Mar ondulado.
escandallo. Pedra para sondear a profundidade e ver se o fondo é limpo ou pedregoso.
estela. Ronsel da embarcación.
fanjoso. Fondo con lama.
fondo enlamado. Fondo esgotado de peixe debido ás pescas
continuas.
labacán. Refugallo de algas e desperdicios que vai ás praias.
lamoso. Fondo con lama.
limpo. v. area (1ª acep.).
lodoso. v. lamoso.
lombo de area. v. banco.
mar bravo. Mar forte.
mar chán. Mar calma.
mar vivo. Mar picado.
marca. Punto da costa que sirve de referencia ao mariñeiro desde o mar.
marea morta. Marea que case non cambia de nivel.
marea viva. Marea que sobe e
baixa moito. Corresponde aos primeiros de setembro e á
Semana Santa.
mareira. v. marea viva.
pandullo. Pedra grande e redonda para choupar.
pedra. V. cuberto // Pedra.
picado. Mar movido.
popada. Golpe de mar pola popa.
rasiña. Praia normal, é dicir pouco costaneira.
rellas. Correntes de auta.
ribeira. Os da “montaña” chaman así á zona costeira.
romper do mar. Romper das ondas. // Zona da praia de pouco calado onde rompen as ondas.
servir o mar. Expresión que indica que o tempo non impide
saír de pesca. O contrario é non servir o mar e dise por exemplo cando zarra de auja, é dicir, cando chove moito.
soja. Pedra pequena e redonda.
terreo bravío. V. conchil.
terreo bravo. V. conchil.
touzas. Penas estradas pola praia.
xabre. Porquería que bota o mar. // Area fina para lucidos (Betanzos).


2. Engados


borba. Tripas de parrocha, sardiña e outros peixes pequenos.
Úsanse para pescar a robaliza. carnada. Engado feito de anacos de sardiña. // Engado en xeral.
encarnada. v. carnada.
encarnar. Engadar con carnada. Normalmente nas nasas. endeño. Engado para as anguías feito de miñocas de terra atravesadas por un cabiño e atadas sobre si mesmas.
enjado. Engado.
enjoado. v. enjado.
enrabar. Engadar con raba.
iscar. Desescamar a sardiña empregada como engado para que chame máis polo peixe.
jaldeo. Engado feito con raba e salvado.
jeldre. Engado composto de camaróns tan pequenos que teñen que pillarse cun saco. Tamén se usa como abono. mazacote. Engado feito con sardiñas desfeitas.
mazajote. v. mazacote.
raba. Engado feito cos barajales de pescada e semellantesmsalgadas e moídas.
senrada. Miñoca de mar que se usa como engado para os panchos, pintos, zarretas e semellantes.
serrada. v. senrada.


3. Cordas


asdejía. Nó mariñeiro dobre.
ballestrinque. Nó mariñeiro.
cabo. Toda sorte de cordas, cabiños, cables, etc.
culebra. Corda para halar o aparello.
chicote. Estremo das cordas.
estacha. Corda que amarra algo ao barco.
estar á tesa. Estar tirante.
filástica. Fío pequeno amadriñado, é dicir con dous cabos parellos.
jaza. Clase de nó coa unión acosturada.
jindola. Espazo intermedio do asdejía. Este lugar emprégase como asento para os mariñeiros que queren facer unha operación do aparello.
nudo corredizo. Nó corredizo.
nudo de emberjo. É un nó dobre de mariñeiro. Equivale ao que en castelán se chama gaza.
portante. Tirante.
portar. Estirar un cabo amarrado a un estremo firme ata deixalo tirante.
rabizas. Cordas polas que se tira do aparello.
tesante. v. portante.
trinca. Maneira de reforzar o final do chicote que consiste en atar unha corda fina ao extremo da corda gorda para que non se desfaga. Esta operación chámase botar unha trinca.


4. Cestos


carabel. v. paxe.
cesta. Cesto grande de castiñeiro.
cesto. Cesto de vimbio cadrado. Lévano ao mar os mariñeiros cos seus arreos.
jarrucho. Cesto redondo de bordes moi pechados e unha asa. Emprégase para levar a pesca.
joxo. Cestón grande e fondo.
palanjre. Cesto chán onde se leva o palangre.
paxe. Cesto pequeno redondo con dúas asas.
paxela. Cesta de vimbios para levar o peixe. É un paxe pequeno.
patela. Cesto pequeno e chán semellante ao palanjre. Ás veces é o mesmo. O paxe e a patela empréganse moito no
salazón. En ocasións chámase patela a unha táboa cunha
pequena beira que serve para levar o peixe.


3. Verbas e expresións mariñeiras


abalisar. Poñer os boureles á rede.
aí vos queda a boia. Aí vos queda iso, amoládevos.
amarrar. Atar. // Non saír de pesca.
andar. Realizar unha tarefa ou
actividade: andar á ameixa, dedicarse a pescar ameixas;
andar na ameixa, estar pescando ameixas; 
andar á rapeta, pescar con rapeta; 
andar ó mareser pescador; andar no mare, estar pescando. // Expresión andar a mirare prós lados como o furón, andar desconfiado.
apañar. Pescar.
aparexar. Poñer dúas embarcacións unha á beira da outra.
arranchar. Abastecer a embarcación.
arriba de. Máis aló de: Arriba de Cedeira, pasada Cedeira.
arribar. Chegar.
arte. Utensilio de pesca.
baliza. Clase de boia.
boiar. Flotar.
bojar. Bogar, remar.
bojar pixavante. Dise cando o mariñeiro que vai mandando en popa rema ao contrario dos seus compañeiros.
botar. Poñer, colocar, meter:
botar un remendo, poñer un remendo; 
botar a vela arribaizar a vela. // Lanzar, tirar fora: botala cuberta ó maretirar o cargamento da cuberta. // Pasar: botar a noite todapasar toda a noite.
cabria. Percha ou pau para tender as redes ou poñer o peixe
a curar.
cantar ben. Dise do motor que soa ben.
coller milloría. Mellorar (aplícase ao tempo).
compaña. Compañía, mando: “Na miña compaña nunca me pasou nada, pero si na compaña doutros” (baixo o meu mando nunca me pasou nada, pero si baixo o mando doutros).
copar. Facer o copo.
da banda de. Do lado de.
dar quilla arriba. Embocar o barco.
dar fondo. Fondear o barco.
darlle a asimán. Virar a lancha a estribor.
darlle a couce. Virar a lancha a babor.
derribar. Virar en redondo por medio do temón.
embocar. Entrar xusto na boca ou entrada de algo.
encallar. Quedar a embarcación chantada na area ao chegar á
praia.
encapillar. Cabecear moito o barco.
irllo contar ó mar da MarolaContarllo a Rita.
irse a lancha. Bambolearse a lancha.
jraciar. Ser propicio. // Haber vento favorable para a vela.
marea. Marea. // Pesca que se consegue coa marea.
matar. Pescar.
montar. Sobrepasar un sitio: “Montámolo cabo Priore” (sobrepasamos o cabo Prior).
morea. Montón de peixe ou caixas de peixe.
na boca de. Na entrada de, próximo a: “Na boca de Cedeira”
(na entrada de Cedeira),
non poder nin cas tapas. Estar moi canso.
non quitarse as zocas. Non molestarse por nada nin por ninguén.
orzar. Dirixir o temón na mesma dirección que a vela.
perder de mandar. Deixar de mandar.
pillar un pulpo barbarísimo. Mollarse moito.
poñerse. Poñerse. // Chegar: “En 3 días puxémonos na casa” (en 3 días chegamos a casa).
poñerse coma un pito. Mollarse moito.
por terra de. Á vista de terra de: “Por terra da Percibilleira” (á vista, á altura da terra da Percibilleira).
para banda de. Cara o lado de.
revoltear. Ter mal vento para a a vela.
rolo. Libro do barco.
roncar moito a costa da boa barcaVivir sen preocupacións a costa dos máis.
rulete. Pau sobre o que se arrastra o barco.
safarse dos baixos. Franquear os escollos.
ser moi pescador. Ser bo pescador e con moita práctica.
si lle amaña. Se lle cadra.
si lle reza. Se lle peta.
telo mar atravesado. Ter o mar de fronte, non de costado.
ter o mar de amura. Ter o mar de costado.
tirar a voar. Poñer en marcha a embarcación.
tirarse de espichazo. v. tirarse ó resollo.
tirarse ó bucío. Botarse á auga para bucear.
tirarse ó resollo. Botarse a bucear en picado.
tomar terra. Atracar.
traballar na pesca. Ser pescador.
trabar. Morder. Dise do peixe ou outro animal mariño.
voltear. Ter bo vento.
xarrear. Arar a áncora no fondo do mar.
xente da colla. Obreiro accidental dos peiraos.
xirinjar. Bogar cun so remo.

Fotografías de Alejandro Rodríguez: homes cosendo a rede e carros cargando patexo.
(Mariñana, 01/03/1925/15/04/1925)
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *