Video dos actos con motivo do Día da República.
Xa podes visualizar o documental realizado pola comisión de audiovisuais da AC irmáns Suárez Picallo…
Xa podes visualizar o documental realizado pola comisión de audiovisuais da AC irmáns Suárez Picallo sobre os actos celebrados o pasado día 13 de abril, con motivo do nomeamento de Jesús Castro Vidal como Republicano de honra, e a conmemoración do Día da República. Os actos foron organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica…
O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, a Asociación de Veciños da Obra, a Asociación de Veciños Armental de Carnoedo e a Sociedade Galega de Historia Natural, unimos esforzos para presentarmos o proxecto “Sada, camiño a camino”. Trátase dunha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña nas que queremos xuntar…
Luísa á luz da amizade, é o título da charla que Ana Pillado Vega, nos obsequiou onte na Capela de Sada. Ana Pillado ( A Coruña 1971) é licenciada en Filoloxía hispánica, ilustradora, escritora , profesora …artista polifacética como Luisa, tamén feminista e revolucionaria buscando sempre novos camiños.Coñeceu a Luisa sendo nena, nas reunions da…
Contaremos coa intervención de Ana Pillado que adica a Luisa Villalta a seguinte reflexión: O mellor xeito co que podo contribuír á celebración da obra de Luísa é a través do meu testemuño da súa amizade con Pancho e Noli. Unha amizade sólida e vibrante de vida, fraterna e fecunda, tanto humana como artisticamente. A…
Compartimos aquí o cartaz desta actividade na que colaboramos desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
Durante a xornada do pasado sábado día 13 de abril, entregouse a un dos nosos socios fundadores, Jesús Castro Vidal, a distinción de Republicano de Honra 2024. A continuación deixamos unha escolma de imaxes dos actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña nos que colaboramos desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez…
Este vindeiro xoves, organizamos acto de presentación do novo libro de Ricardo Seixo con ilustracións de Abraham Vila. Será na capela de San Roque a partir das 20:00 horas
Incorporamos á Hemeroteca da web da revista, os últimos números publicados correspondentes todos eles ao ano 2023. En concreto dous números adicados a dous eventos de fonda pegada na historia de Sada durante a década dos anos 20 do século pasado. O primeiro deles, o número 26, adicado á chegada do tranvía e o segundo,…
Por diferentes circunstancias tivemos que modificar as datas dalgúns dos actos programados pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asicados ás Letras Galegas 2024. Aquí podes consultar a programación definitiva.
Hoxe celebrouse o primeiro dos actos programados pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo para lembrar a Luisa Villalta neste ano no que se lle adica o día das Letras. Montse Dopico foi a encargada de presentar unha biografía que titulou “Abonda con vivir”, escrita por encargo de Edicions Xerais, e que está baseada nas testemuñas…
O pasado venres día 15 de marzo, tivemos a primeira reunión polo proxecto “Sada, Camiño a camino”. Asistimos representantes da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, da A VV da Obra, da A VV Armental e do Club Ciclista Sada. Escusou a súa ausencia ASPACE. Con todo, explicamos o proxecto e quedamos de acordo en poñelo…
Lembramos que o vindeiro venres día 22 temos un acto na Capela de Sa Roque ás 8 da tarde Tamén vos enviamos documentación sobre Luisa Villalta: – Unha gúa didáctica pensada para o alumnado de Secundaria. Imos editar 1000 exemplares que distribuiremos nos centros educaivos de Sada e tamén para as socias e socios que…
Esta escolla forma parte dos actos e actividades que a CRMH da Coruña desenvolve cada ano ao redor do Día da República que vén organizando desde o ano 2008, ano tamén do nacemento da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Jesús Castro é un defensor e loitador incansábel da memoria republicana, da que conserva lembranzas desde…
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza o venres 22 de marzo a presentación do libro de Montse Dopico “Luisa Villalta, abonda con vivir”. Será na capela de San Roque a partir das 20:00 horas. Este acto está enmarcado dentro da programación que a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo deseñou co fin de conmemorar este…
A asemblea da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña elexíu ao noso compañeiro da diretiva da ACISP, Carlos Babío, como nuevo presidente. Carlos Babío é un destacado activista no memorialismo democrático, coautor co noso presidente Manuel Pérez Lorenzo do libro ” Meirás, Un pazo, un caudillo, un expolio” que foi determinante para o…
Con motivo da celebración das Letras Galegas 2024, desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo elaboramos unha programción que contén unha serie de actos que podes consultar a continuación:
O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Asociación de Veciños da Obra buscamos a implicación de todas as asociacións do concello de Sada para a elaboración do proxecto Sada, camiño a camiño, unha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña na que queremos xuntar a actividade física e…
Desde o memorialismo democrático lembramos con dor unha data que sigue marcando os restos do franquismo en forma de impunidade. Hoxe cúmprese o 50 aniversario do asasinato por medio do garrote vil do militante antifascista Salvador Puig Antich. Desde a AC Irmáns Suárez Picallo sumámonos, ao igual que os nosos amigos da “Asociación pola Recuperación…
“Somos moitos os que aprendemos con ela a amar a nosa lingua”, di o alcalde, que foi alumno da poeta Texto publicado orixinalmente e extraido do xornal “La Opinión” Mais información na web do CEIP “Sada y sus Contornos” A Real Academia Galega celebrou onte en Sada a Primavera das Letras, un acto en homenaxe…
A AC Irmáns Suárez Picallo asistirá aos actos promovidos pola Comisión Pro Memorial e organizados polos grupos municipais popular, socialista, BNG e FeC. A inauguración terá lugar o vindeiro sábado 24 de febreiro ás 12 horas no parque Antón Varela do barrio de Canido. A AC Irmáns Suárez Picallo atende así o convite da Comisión…
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asistiu ao proceso de exhumación dos restos de Rafael Fernádez Casas, o mestre de Carnoedo. Este vídeo quere ofrecer os momentos máis decisivos dese proceso no que participaron tantas persoas. Anteriormente editamos un vídeo, “Na procura dos restos de Rafael Fernández Casas”, no que recollemos o proceso que se…
Paris Joel. Onde está a túa axenda de boas intencións, todos eses cadáveres de promesas incumpridas, hai moito que chegaches ó punto de non retorno, e aínda vas na procesión do autoengano politicamente correcto na cómplice mansedume dos xenocidas que xogan ó Risk nun concurso global sobre os tamaños das súas falocracias. Colleito con vergoña…
Xose Anxo Seoane Cao. Foi un serán morno de finais de marzo cando decidimos cortar o limoeiro da horta. Cando a avoa o plantara moitos anos atrás non contaba con que medraría tanto e agora as súas pólas ameazaban o soportal da casa e estaban a estragar a varanda da terraza. Podalo xa non serviría…